Probador de tobogáns

Outro dos mellores traballos que hai no mundo e que de seguro todo o mundo querería ter e o de probador de tobogáns; gañar diñeiro por subirse a atraccións de parques acuáticos, é como un soño.

Estas persoas dedícanse a probar os distintos tobogáns e comprobar a velocidade que chegas a alcanzar ao deslizarte, a altura das atraccións, a cantidade de auga que contén o tobogán, a diversión que lles ofrece aos clientes e por suposto a seguridade que teñen as infraestruturas.

Aínda que pareza un traballo perfecto, non e todo xenial, xa que estas persoas teñen  que determinar se o tobogán é apto para abrir ao público, podendo ferirse ou quedar atascados.

Neste traballo gáñanse ao redor de 22.700 euros ó ano, o que ven a ser uns 1900 euros ao mes, máis ou menos.


De tódolos modos este traballo segue a ser estupendo para todas aquelas persoas que lle gustan os parques acuáticos.

Comentarios