Fótografo de Google Maps
Un dos mellores traballos do mundo é ser fotógrafo de google. Google, unha das compañías máis grandes do mundo, ten un servizo chamado “Google Maps”, no que podes ver todos os lugares do mundo en 360 graos dende o monitor do teu ordenador o dende o teu móbil.
Google leva a cabo isto con coches que recorren cada recuncho do mundo.
Estes coches teñen incorporados na parte superior unha cámara que vai fotografando automaticamente o que hai ao seu redor.
Pero hai lugares onde os coches non poden chegar, por iso google contrata fotógrafos para que vaian fotografar o interior de monumentos ou espazos
importantes como poden ser museos. Os fotógrafos de google tamén poden ser contratados por negocios para que fotografen os seus locais e despois ser subido a Google Maps. Estes poden gañar dende 200 euros ata cifras que chegan aos 1000 euros ou máis.
Este tipo de fotógrafos son os máis frecuentes, aínda que hai outros máis divertidos pero menos frecuentes, como é o caso dos fotógrafos ciclistas.
Se te gusta facer deporte e a fotografía, este é un traballo perfecto. Os fotógrafos ciclistas fan a mesma labor que os coches, pero poden ir por lugares polos que o coche non pode ir e podes desprazarte máis rápido que os fotógrafos normais.
En conclusión, se te gusta a fotografía e facer deporte este traballo é ideal para ti.
Comentarios
Publicar un comentario