Porteiro dunha illa paradisíaca
O traballo de conserxaría Hamilton Island trae un salario anual equivalente a 150.000 dólares australianos (uns 83.585 euros) cunha casa de tres habitacions e piscina incluidas. A mala noticia é que é só un contrato que dura seis meses. Cando anunciaron o traballo, xunto con un sitio web, eles recibiron máis de 34.000 demandantes de máis de 200 países. Chegaron a 16 finalistas, algúns elixidos por voto do público e tiveron que pasar por catro días de entrevistas persoais, buceando ,facendo churrasco e pasando o tempo no spa. Os finalistas tamén tiveron que demostrar as súas habilidades como blogueiros e como nadadores. Anunciouse que un británico foi o gañador. Agora, o gañador, Ben Southall, terá que traballar 12 horas ao mes, alimentando centos de especies de peixes, explorar a illa e as illas próximas á súa, facerse amigo dos veciños e obter o correo. Tamén tense que se manter en contacto co mundo a través de blogs, un diario de fotos, actualizacións de vídeo e entrevistas.
Comentarios
Publicar un comentario